Sistema de tres dominios

BacteriaArchaeaEukaryaAquifexThermotogaBacteroidesCytophagaPlanctomycesCianobacteriasProteobacteriaSpirochaetaBacterias grampositivasBacterias filamentosas verdesPyrodictiumThermoproteusThermococcus celerMethanococcusMethanobacteriumMethanosarcinaHalófilasEntamoebaeMyxomycotaAnimaisFungosPlantasCiliadosFlaxeladosTricomónadasMicrosporidiosDiplomónadas
Árbore filoxenética, que mostra as principais ramas, Bacteria, Archaea, e Eukaryota (coa denominación Eucarya dada por Woese). Prema nos nomes de dentro da imaxe para ir ás correspondentes páxinas. A árbore está baseada en datos do ARNr de acordo con C. Woese et al. (1990)[1]
EuryarchaeotaNanoarchaeotaCrenarchaeotaProtozooAlgaPlantaeMofos mucososAnimaisFungoBacterias Gram-positivasChlamydiaeChloroflexiActinobacteriaPlanctomycetesSpirochaetesFusobacteriaCyanobacteriaTermófilasAcidobacteriaProteobacteria
Árbore filoxenética que mostra a diverxencia das especies modernas desde o seu antepasado común situado no centro.[2] Os tres dominios están coloreados da seguinte forma; bacterias en azul, arqueas en verde e eucariotas en vermello. Prema nos nomes dentro da imaxe para ir ás correspondentes páxinas.
Diferentes versións sobre a relación filoxenética entre os tres dominios: 1. Woese & Fox (1977), 2. Lake (1984), 3. Cavalier-S. (1987), 4. Woese (1990) e 5. Rivera & Lake (2004).

O sistema de tres dominios é unha clasificación biolóxica proposta por Carl Woese e colaboradores en 1977, que clasifica os seres vivos en tres grupos primarios: Bacteria, Archaea e Eucarya[1]. Woese baseouse nas diferenzas encontradas na secuencia do ARN ribosómico da subunidade menor, para concluír que estes grupos se desenvolveron por separado a partir dun proxenitor común chamado proxenota.

Este sistema de tres dominios substitúe ao anteriormente usado sistema de dous imperios formado polos grupos Eukaryota e Prokaryota.

Para describir estas tres grandes ramas, Woese deciciu tratalas como dominios en 1990,[1] sempre promovendo a separación dos dous grupos procariotas.

Aínda que a maioría dos sistemáticos moleculares aceptou rapidamente o sistema de tres dominios, algúns biólogos como Mayr criticárono por dar demasiada énfase á singularidade das arqueas e por ignorar as fortes similitudes entre os grupos procarióticos. Porén, estudos posteriores confirmaron que a membrana das células das arqueas ten unha composición pouco usual, e igual ocorre coa estrutura dos seus flaxelos.[3] Outras diferenzas significativas son os sistemas arqueanos para a replicación do ADN e a transcrición, que son bastante diferentes aos das bacterias. Por exemplo, as ARN polimerases das arqueas constan de ata 14 subunidades, mentres que as ARN polimerases das bacterias só teñen 4. As análises de ditas subunidades suxiren que están máis estreitamente relacionadas coas dos eucariotas. De igual xeito, as arqueas producen proteínas que se unen ao ADN similares ás histonas dos eucariotas.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 Woese escribiu con c este nome na súa publicación de 1990non respectando a etimoloxía (C. R. Woese, O. Kandler & M. L. Wheelis 1990. Towards a natural system of organisms: Proposal of the domains Archaea, Bacteria and Eucarya. Proc. Natl. Acad. Sci. USA [1][2] Arquivado 07 de novembro de 2017 en Wayback Machine.). Porén en publicacións máis modedrnas aparece escrito con k, tal como aparece noutras referencias usadas nesta páxina.
  2. Ciccarelli FD, Doerks T, von Mering C, Creevey CJ, Snel B, Bork P (2006). "Toward automatic reconstruction of a highly resolved tree of life". Science 311 (5765): 1283–7. doi:10.1126/science.1123061. 
  3. Nikhil A Thomas€t al 2001, The archaeal flagellum: a different kind of prokaryotic motility structure FEMS Microbiology Reviews. Volume 25, Issue 2, pages 147–174, April 2001
  4. Malcolm F. White and Stephen D. Bell 2002, Holding it together: chromatin in the Archaea. Arquivado 05 de setembro de 2006 en Wayback Machine. TRENDS in Genetics Vol.18 No.12

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy